O festival captou as inquietudes do seu tempo, deixou cancións e imaxes icónicas e un legado irrepetible
Por A.S.
![]() |
| Público no concerto de Woodstock |
Hai momentos en que
correntes subterráneas conflúen nun mesmo punto e afloran á superficie. Iso
foi o festival de Woodstock, que entre os días
15 e 17 de agosto de 1969 foi o manancial que canalizou as
inquietudes do seu tempo, desde a oposición á guerra de Vietnam á loita
polos dereitos civís e o feminismo. As cancións,
claro, foron a auga dese manancial, que fertilizou e fixo visible a causa da
contracultura. Un repertorio alimentado por unha nómina que se le como un
quen é quen dos anos sesenta: Jimi Hendrix, Jefferson Airplane, The Who,
Santana, Ten Years After, Creedence Clearwater Revival, Joan Baez ou Janis
Joplin, entre outros. Houbo ausencias clamorosas -Beatles,
Dylan, Byrds ou Doors- pero é posible que eles, do mesmo xeito que os
organizadores, infravalorasen a convocatoria. Cunha infraestrutura para
apenas unhas decenas de miles, a cita acabo por congregar a case medio millón
de persoas, que deixaron para as cámaras imaxes icónicas, do mesmo xeito que
para a película que documentou as actuacións e que sentou as bases para
futuras filmaciones en torno ao rock.
Ese caos organizativo foi a mellor evidencia de que Woodstock reunira a aqueles que soñaban con outro mundo posible, pero tamén os confrontou cos dilemas máis prosaicos de xestionar unha sociedade: postos de mando onde acabarían moitos daqueles soñadores apenas unha década ou dúas máis tarde. Por esas contradicións e a xenialidade duns músicos o legado de Woodstock é irrepetible, aínda que o festival se reeditase. Cousa que non ocorrerá este ano, ao cancelarse o festival previsto para conmemorar os 50 anos da cita orixinal. |
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário