|
Eloy Domínguez Serén foxe dos tópicos para
narrar a complicada realidade do conflito do Sáhara Occidental no seu último
filme
X.
F.
A mocidade acostuma a identificarse con esa etapa da
vida na que a diversión é o fío condutor do día a día. A
pesar da existencia de grandes dificultades e situacións frustrantes que se
viven nos campamentos saharauís, os rapaces que protagonizan Hamada, tentan combater os atrancos con humor e alegría. Así o reflicte o cineasta galego Eloy Domínguez Serén
no seu último filme, que se estrea este venres de maneira oficial nos cines.
A Coruña,
Vigo e Santiago de Compostela son as cidades galegas que acollen esta
película, que vén de percorrer o mundo grazas a numerosos festivais
internacionais. Unha viaxe «gratificante» que permitiu cumprir o principal
obxectivo do proxecto: «Visibilizar o conflito saharauí e
chegar a aqueles países que, sexa por desinformación ou bloqueo informativo,
non coñecen absolutamente nada deste pobo», afirma o
director pontevedrés.
«Ao espectador, diríalle que se vai sorprender, que a
película vai romper coas súas expectativas porque, malia que se retrata un
lugar tan duro e hostil, o filme contén grandes doses de humor, de vitalidade
e hai situacións completamente inesperadas», explica Domínguez Serén.
Confianza plena e liberdade
A gravación
de Hamada afástase
das concepcións comúns en torno ás rodaxes cinematográficas. Os
protagonistas representan un rol «moi activo» e libre no filme: «Tiña tanta
confianza neles, que non comprendía exactamente o que estaban a falar, porque
a película completa está en hasanía».
Dita circunstancia non é froito da casualidade. O director
galego conviviu no campamento durante «oito meses ao longo de tres anos».
Deste xeito, agrandou e consolidou o seu coñecemento do pobo e da cultura
saharauí grazas á «convivencia e a escoita», así como á participación en
diferentes labores coma a construción de casas destruídas ou a educación,
describe Domínguez Serén. Isto é, unha clara intención de fuxir dos tópicos
para documentar a realidade dun xeito espontáneo, íntimo, natural e cotián.
Por outra parte, Hamada expresa o «forte» sentimento de colaboración e
colectividades que manifestan os saharauís: «Teñen moi claro que o que é bo
para a comunidade, é bo para cada un deles. Algo que, probablemente, se está perdendo cada vez
máis nas nosas sociedades», sostén o director pontevedrés. «Amosan unha
actitude moi construtiva malia ás dificultades no seu día a día e son xente
moi proactiva», conclúe.
Hamada é un proxecto que desenvolveu Eloy
Domínguez Serén cunha produtora sueca, a pesar de que comeceu a traballar no
filme el só. Con todo, o creador non esquece as súas raíces galegas, polo que
amosou un «empeño especial» no subtítulos na nosa lingua: «Un aspecto que
coidei moito e durante moito tempo», admite.
Ademais, o
cineasta evidencia a súa alegría por mor de que os seus futuros proxectos se
desenvolvan na súa terra natal, en concreto o guión dunha longametraxe: «O
máis importante é poder dicir, por fin, que vou traballar moito máis en
Galicia», afirma.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]
|
Isac Nunes da Luz Cordeiro *** Tradutor Público e Intérprete do Comércio *** Idiomas: francês, espanhol, catalão e galego *** Matriculado na Junta Comercial do Estado do Paraná *** Curitiba *** República Federativa do Brasil
segunda-feira, 15 de julho de 2019
«Hamada», como vivir a mocidade nun campamento saharauí
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário