|
O novo libro de
Xurxo Borrazás, «Brevedume», convida á reflexión a través de textos curtos e
aforismos
X.
F.
Acadar a
profundidade a través da brevidade é un exercicio literario complexo. A
reflexión é un acto ao que todo o mundo, con maior ou menor frecuencia,
recorre, pero a súa expresión, tanto escrita como oral, acostuma a ser
arrevesada.
Así e todo,
Xurxo Borrazás consegue no seu último libro, titulado Brevedume e
editado por Galaxia, superar
ditos atrancos e achegar aos lectores as súas meditacións de forma concisa e
directa, apoiándose nun ton humorístico e introspectivo.
A partir dun
conxunto de textos moi breves, na liña do aforismo ou a máxima, Borrazás compón unha ampla
rede de reflexións, ordenadas cronoloxicamente, sobre múltiples realidades,
entre as que destaca a literatura e o proceso da escrita.
«Este tipo de breves xa os incluía hai 20 anos noutras obras, agora atrevinme
a facer un libro exclusivamente disto. Ademais, aínda que faga outras cousas,
en paralelo estou reflexionando sobre a literatura», afirma o creador de
Carballo.
Da súa
«colleita», como el a define, de pequenos textos, destaca a de 2014: «Aquí
estaba inspirado! Ata me puxen a pensar que pasou nese ano, parecía que
estivese especialmente feliz, como un namoramento. Se fosen viños diría:
ponme o do 2014», asegura Borrazás.
Esta
simpatía e humor coa que fala do seu libro tamén a emprega na súa escrita: «Un dos fíos condutores
de Brevedume é o ton humorístico, pero
elaborado. Iso é o que impregna a obra de adiante a atrás»,
manifesta. A modo de exemplo, pódese citar esta reflexión cómica de Borrazás
no libro: «O de que a xente é máis nobre no campo é unha lenda urbana».
A influenza da
lectura
«Camiñar e ler
son as dúas actividades que máis practico», conta o de Carballo. Neste
senso, resulta
imprescindible evidenciar a voracidade lectora de Borrazás para debullar o
seu novo libro.
«Eu lin moitas
obras que non se enmarcan na narrativa propiamente dita, é dicir, memorias,
cartas, libros de aforismos... Desde os clásicos gregos ata a actualidade.
Metinme nese campo e pensei: eu tamén quero facelo», relata. Ademais,
Borrazás confesa a súa paixón pola prensa debido á súa variedade temática,
que compara con Brevedume.
Por outra parte,
Borrazás admite que escribiu «moito» cando foi consciente de que os seus
textos podían converterse en libro. Tanto que só se amosa «a punta do
iceberg» nesta publicación. É dicir, e seguindo o fío humorístico do libro:
queda breve para un longo tempo.
[Imaxe: EDITORIAL
GALAXIA – fonte: www.lavozdegalicia.es]
|
Isac Nunes da Luz Cordeiro *** Tradutor Público e Intérprete do Comércio *** Idiomas: francês, espanhol, catalão e galego *** Matriculado na Junta Comercial do Estado do Paraná *** Curitiba *** República Federativa do Brasil
sexta-feira, 26 de julho de 2019
A brevidade como camiño cara á profundidade
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário