A Fundación Manolo Paz recoñece a Álvaro Siza nas súas xornadas orientadas ao achegamento artístico entre Galicia e Portugal
O
presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices,
reivindicou este sábado a aposta da Cámara galega por reforzar os
vínculos con Portugal a través de accións como a lei de iniciativa
lexislativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua
portuguesa e os vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade en
marzo de 2014.
Trátase, a xuízo de Santalices, dun "paso modesto", pero un "paso de xigante" para que Galicia "poida formar parte por dereito propio, sen renuncias nin complexos de inferioridade, da gran Commonwealth cultural que é a lusofonía", segundo explicou nun comunicado o Parlamento.
O titular do lexislativo galego compartiu estas reflexións este sábado en Cambados (Pontevedra), onde participou no acto de entrega do IV Recoñecemento Fundación Manolo Paz de Arte Contemporánea ao arquitecto luso Álvaro Siza, enmarcadas no IV Xornadas dá Fundación Manolo Paz, orientadas ao achegamento artístico entre Galicia e Portugal. Un acto no que tamén estivo presente o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
Así, Santalices Vieira felicitou á Fundación polo "acerto" de outorgar a súa distinción anual a Siza, "un dos grandes arquitectos contemporáneos de todo o mundo" ao que, na súa opinión, "pódese considerar medio galego", en referencia aos vínculos históricos, xeográficos e culturais que comparten Galicia e Portugal.
TRAXECTORIA
A Fundación recoñece desta maneira o conxunto da traxectoria de Siza e, en especial, as "relevantes" contribucións realizadas en Galicia e, de forma particular, en Santiago, con obras como a Facultade de Ciencias da Comunidade da universidade compostelá.
Este arquitecto, nacido en Matosinhos no 1933, recibiu algúns dos premios internacionais máis importantes da súa profesión, como o Premio Pritzker, Premio Mies van der Rohe, a Medalla de Ouro do Royal Institute of British Architects (RIBA), a Medalla Alvar Aalto, entre outros, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

Sem comentários:
Enviar um comentário