O galego na cultura e no pensamento do mundo da lusofonía, a debate do 25 ao 28 de xuño nun curso de verán da USC en Rianxo.
Analizar (e vigorizar) os contactos interculturais xa vixentes entre Galicia e Portugal, a partir da noción de lusofonía, un concepto que favorece o contacto cultural e o desenvolvemento socioeconómico das dúas comunidades. Ese é un dos principais obxectivos do curso de verán da USC ‘Galego, porta aberta para o mundo 2: Lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal’, que terá lugar do 25 ao 28 de xuño no auditorio de Rianxo.
Fortalecer a relación entre galego e portugués e desenvolver a Lei Paz Andrade, destinada a introducir o portugués na educación e nos medios de comunicación, son outros dos cometidos que pretende este curso da Universidade de Verán da USC, que non conta con límite de prazas.
Este curso, estruturado en 32 horas lectivas e dirixido por Teresa Moure, conta con financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.
As persoas interesadas en participar como alumnos neste foro poden formalizar xa a súa inscrición na web da USC, onde tamén poden consultar o programa do curso. O prazo de matrícula permanece aberto ata o venres 14 de xuño.
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário