quinta-feira, 6 de junho de 2019

Agália tórnase dixital 35 anos após nacer

Na próxima primavera faranse 35 anos desde a aparición do primeiro número da Revista Agália, un dos emblemas do reintegracionismo. A AGAL tomou a decisión de dixitalizar os seus fundos documentais. 


Agália, a revista que é un dos emblemas do reintegracionismo, dixitalizou todos os seus fundos documentais 35 anos após o seu nacemento, informa a propia Agal ás persoas asociadas a través dunha carta. A Associaçom Galega da Língua tomou a decisión de dixitalizar os seus fundos e o traballo foi realizado polo historiador Tiago Peres. A partir de agora as persoas interesadas poderán ter á súa disposición todos os números da Revista Agália no seu site e no site da Agal.

Fundada pola Associaçom Galega da Lingua co principal obxectivo de difundir o pensamento reintegracionista na sociedade, co pasar dos anos Agália transformouse nunha publicación de referencia tanto a nivel nacional como internacional. 

Polas súas páxinas pasaron economistas como Edelmiro López Iglesias, Ramom L. Suevos, Xoán Carmona ou Fernández Leiceaga; lingüistas como Ernesto Guerra da Cal, Eugénio Coseriu, Evanildo Bechara, Joan Coromines ou Manuel Rodrigues Lapa; galeguistas históricos como Ricardo Carvalho Calero ou Jenaro Marinhas del Valle; novelistas como Carlos Quiroga ou Jõao Guisam Seixas… A lista é longa e continua até hoxe.
[Imaxe: Nadina gráfica  - fonte: www.sermosgaliza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário