O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contando a partir de mañá
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras da subvención para que persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras poidan participar nos festivais e feiras internacionais do sector do libro que se celebren ao longo deste ano.
Os requisitos para poder beneficiarse destas axudas son ter asistido e participado nun festival ou feira internacional do sector do libro, acreditar o desenvolvemento da súa actividade na Comunidade Autónoma galega e ter publicado obra en Galicia e na actividade para a que solicita a subvención nos últimos tres anos.
Para estas axudas, a Consellería de Cultura e Turismo destina un importe de 30.000 euros para o financiamento dos gastos da viaxe referidos a aloxamento e transporte. Deste xeito, os beneficiarios recibirán un máximo de 600 euros se asisten a un festival ou feira na Unión Europea e 1.500 euros se a cita se celebra fora da UE.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contando a partir de mañá e os interesados deberán enviar o formulario que está dispoñible na sede electrónica da Xunta por vía electrónica ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Ademais, cómpre destacar que os interesados só poderán solicitar axudas para asistir a unha única feira o festival internacional.
[ Fonte: www.cultura.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário