terça-feira, 2 de abril de 2019

'Metamitologías', a derradeira xenialidade do artista gráfico vigués Peri Helio

Veinticinco obras que adornan desde xa a Coloman Tattooing & Electric Gallery.

Na inauguración da exposición de Peri
Este venres 22 de marzo o artista Peri Helio (Vigo, 1983) inaugurou na Coloman Tattooing & Electric Gallery (Rúa México Nº 51, Vigo) ‘Metamitologías’, unha exposición singular pero sempre fiel ao seu estilo de finos trazos. Emprega lenzos pero hai moito que transcendeu a súa superficie.
Peri, en primeiro plano
De feito, este artista gráfico é ben coñecido en Vigo ao empregar espazos públicos como papel en branco. Por exemplo, cando no Colexio Losada, dentro do programa do Concello de Vigo, creou “Viaje al conocimiento”, plasmando tanto imaxinación como calidade técnica.
Exposición na Electric Gallery
Este artista de estilo inusual e sorprendente vén de deixar a súa fonda pegada tamén no teatro Ensalle ou o CEIP Illas Cíes de Coia.
Na inauguración da exposición de Peri
Ata chegou a Cangas, coa súa espectacular representación dunha balea varada na factoría Massó. Agora cambia o exterior polo interior, cun conxunto de 25 pezas que non traizoa a súa liña persoal.
Na inauguración da exposición de Peri
A 22 debuxos en tinta sobre papel se lle suman tres cerámicas, simbolismos dun mundo cada vez máis artificial. E temos que andar con coidado neste terreo de abundantes riscos. Como di o seu eslogan, “es invierno en las profundidades del Sol”.

[Imaxes: Miguel Núñez - fonte: www.xornaldevigo.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário