quinta-feira, 14 de março de 2019

Manuel Rivas presenta en Dublín a tradución ao inglés de «A boca da terra»

O escritor participa este xoves día 14 nun recital no Instituto Cervantes da capital irlandesa

Manuel Rivas presentará o seu poemario en Dublín este xoves día 14.
Manuel Rivas participa este xoves día 14 no Instituto Cervantes de Dublín (18.30 horas) nun recital co gallo das celebracións de San Patricio e mais no marco do ciclo Foco Poesía Galega. O escritor presenta a tradución ao inglés do seu poemario A boca da terra, xunto coa tradutora Lorna Shaughnessy, quen xa traducira A desaparición da neve, The Mouth of the Earth.

A actividade, que é de balde previa reserva, tamén incidirá nas conexións entre Galicia e Irlanda, tanto de clima como de paisaxe, pero tamén musicais, literarias e ata no ADN. 

Rivas é un dos autores galegos máis traducidos ao inglés, tanto en poesía -From Known to Unknown ou The Disappearance of Snow- como en prosa -The Carpenter's Pencil, Books Burn Badlyou One Million Cows-.


[Imaxe: CESAR QUIAN - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário