O selo compostelán Chan da Pólvora Editora vén de abrir unha nova colección, O Río, dedicada á tradución e que publicará dous títulos anuais
![]() |
Chan da Pólvora deu ao prelo a
edición bilingüe inglés-galego de «Físico»,
un dous libros mais celebrados dá poesía inglesa de hoxe
|
Chan da Pólvora Editora vén
de abrir unha nova colección, O Río, dedicada á
tradución. O volume que a inaugura é Físico, do autor
británico Andrew McMillan, que presentou o libro xunto
co editor, Antón Lopo. A colección publicará dous
títulos anuais. O segundo que dará ao prelo o selo compostelán neste 2019
será, no outono, unha antoloxía da xenial escritora estadounidense Emily
Dickinson.
Físico [Physical], traducido
por Isaac
Xubín, é o debut de Andrew McMillan na poesía, acaecido no ano
2015, e que foi recibido como un gran acontecemento literario no Reino
Unido. Trátase dunha poesía de sintaxe complexa, imaxes turbadoras
e mirada punxente sobre a familia e as relacións afectivas. McMillan aborda o
desexo masculino.
Andrew McMillan (South
Yorkshire,1988) foi recoñecido con Físico -«un libro
incomparable», en palabras da crítica Sarah Crown de The
Guardian- na voz poética máis poderosa da última xeración
británica do século XX. Marcado pola experiencia de Tom
Gunn, un dos referentes da poesía queer en
inglés, ou pola poesía de denuncia sobre a opresión sexual de Sharon
Olds, McMillan logrou crear un estilo que transforma o íntimo e
o cotiá nunha revelación trascendente da vida. Esta característica fornece
tamén o seu segundo libro, Playtime, publicado no
2018.
Actualmente é profesor na Manchester Writing Schoolda Manchester
Metropolitan University.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário