Un clarinetista inicia no Ribeiro un proxecto para "rexurdir" a maridaxe entre música e viño que xa aparece nas cantigas de Afonso X O Sabio.
Un clarinetista inicia no Ribeiro (Ourense) un proxecto para 'rexurdir' o mar. MILHISTORIAS |
O clarinetista José Luís Tielas iniciou no Ribeiro (Ourense) un proxecto musical para facer "rexurdir" a "histórica" maridaxe entre música e viños desta comarca protagonista nas cantigas galaico-portuguesas do rei Afonso X o Sabio e outras pezas tradicionais.
Tielas, segundo explica, comezou a compor música contemporánea relacionadas con viños despois da súa visita á adega Alecrín, en Cenlle, acompañado do compositor británico Douglas Bostock, que é profesor na escola de dirección de bandas de Xinzo.
Durante esta visita, o clarinetista ribeirense sentiu "un flechazo" ao probar o branco 'Alecrín', segundo lembra, e empezou a compor unha peza para un cuarteto de corda. Unha ducia de persoas axudaron a pola a punto e xa só quédanlle "retoques", apunta.
A peza musical comeza con acordes da tradicional Muiñeira de Lugo e continúa con outros que, segundo Tielas, "trasladan a un paseo entre viñedos, con acordes contemporáneos que recrean o aroma do viño e a sensación das espiñas da planta que lle dá nome".

Sem comentários:
Enviar um comentário