segunda-feira, 25 de março de 2019

Ana Popovic, de escapar da guerra dos Balcáns a triunfar no blues e enfeitizar a sala Rouge en Vigo


Os mellores artistas internacionais do blues están a visitar a nosa cidade grazas a Riverbucks Asociación Cultural.
Ana Popovic e a súa poderosa banda están incansablemente de xira, tocando nos principais festivais de blues, jazz e rock de todo o mundo e esta fin de semana estivo na sala Rouge de Vigo realizando o seu único show en toda Galicia.
“Estamos ante unha das divas do blues, que se viu obrigada a deixar o seu Belgrado natal para escapar da guerra dos Balcáns, asentándose coa súa familia en Amsterdam, ata que en 1998 se mudou definitivamente a Memphis para dedicarse en corpo e alma á súa paixón pola guitarra e o blues”, destacan desde Riverbucks Asociación Cultural, “culpables” da súa visita á nosa cidade.
Compartiu escenarios con BB King, Buddy Guy, Joe Bonamassa, Gary Clark Jr. e unha infinidade de grandes nomes do mundo da música. Foi nomeada en numerosas ocasións para os Blues Music Awards, copou as portadas de prestixiosas revistas como Vintage Guitar ou Guitar Player, e cada novo disco sempre chega ao Top 5 do Billboard Blues Charts.
[Fonte: www.xornaldevigo.gal]





Sem comentários:

Enviar um comentário