![]() |
|
Xosé Fernández (primeiro
pola dereita) xunto co tamén
galego Xosé Velo e o
portugués Henrique Galvão
durante o secuestro
do Santa María
|
Xosé
Fernández Vázquez, tamén coñecido por comandante Jorge de Soutomaior
(alcume que lle deu Xosé Velo Mosquera), nacido en Pobra do Caramiñal,
en 1904, e falecido na cidade venezolana de Mérida, en 1986. Fillo de
António Soutomaior e de Maria Portela. De pequeno "lía máis do que
durmía", segundo din os que o coñeceron. Escritor e militar, no comezo
da ditadura de Primo de Rivera, comeza a recibir a influencia ideolóxica
da revolución rusa e afiliase ao Partido Socialista Obrero
Español-PSOE. Coa implantación en 1931 da República, constitúe unha
Xunta municipal revolucionaria que tenta impedir a toma de posesión do
alcalde de Caramiñas, elixido na lista monárquica. O seu progresivo
radicalismo político evidenciouse en obras como: "Ideas sobre a técnica
do golpe de Estado" (1932), que coincidiu coa súa marcha do PSOE e
afiliación ao Partido Comunista de España-PCE, no ano 1933. Durante a
súa etapa de formación política, ao longo da IIª República, era coñecido
como Noé.
Foi
agregado naval na Embaixada de España en París. Coordinou a defensa da
Ría de Arousa, durante a ofensiva das tropas franquistas sublevadas no
ano 1936. Foi comandante da Mariña durante a Guerra Civil, radical
antomonárquico, participa no complot da sublevación republicana de Jaca.
É detido, téndolle sido proposto que opte por unha de dúas solucións:
abandonar voluntariamente a Mariña ou afrontar un Consello de Guerra.
Decide entón abandonar a Mariña. Pasou entón a dedicarse á acción
política. Con sete activistas máis, asalta un navío dragaminas no porto
de Vilagarcía de Arousa. En Barcelona participa no afundimento do navío
Baleares. Tras a vitoria dos fascistas foi detido e levado para o campo
de concentración de Saint Ciprien, de onde foi deportado pola Gestapo
para o Campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau. Liberado polas tropas
soviéticas o 27 de xaneiro de 1945 (tiña entón só 37 quilos de peso),
viviu tres anos en París, traballando como obreiro de montaxe na fábrica
Renault, integrándose en grupos e entidades republicanas no exilio.
Chega á Venezuela en 1948, estabelecéndose na cidade de Puerto Cabello. Constitúe entón o DRIL (Directório Revolucionario Ibérico de Liberación), cuxo obxectivo era "o de desencadear accións subversivas contra as ditaduras ibéricas". Participa no secuestro do navío Santa Maria. Tras obter asilo político no Brasil, diríxese novamente á Venezuela, de onde é expulsado, marchando para Cuba. En Cuba desenvolveu actividades como delegado da Tricontinental de Solidariedade cos Pobos da África e da Asia. Viaxa aínda por Camboia, China, Viet-nam e Laos, países onde se desenvolve a revolución comunista. Casado en primeiras nupcias con Eva Vilalonga, de quen tivo un fillo: Franklin. Casa en segundas nupcias con Margarita Ackermann, xudía de orixe alemá, e con quen tivo dous fillos: Federico e Henrique; Casa por terceira vez, en 1958, con Sacramento de Jesus Peña. Falece en Caracas no ano 1986.

[Fonte: www.galiza-israel.org]

Sem comentários:
Enviar um comentário