![]() |
| Ou
eucalipto débelle ou nome ao botánico francés Charles-Louis L'Heritier:
ou prefixo 'eu' significa «ben» mentres que 'kaliptós'
significa «cuberto», en referencia á cápsula dás súas flores
|
Por X.F.
Deseucaliptización é a Palabra do Ano 2018 para vos internautas que participaron nunha nova edición dá iniciativa promovida polo Portal dás Palabras: dous 5.724 votos recibidos nesta convocatoria, un total de 3.114 foron para ou vocábulo, que, curiosamente, tivo ou seu reverso, eucaliptización, entre as finalistas do ano anterior. Deseucaliptización impúxose na votación organizada polo Portal dás Palabras, un proxecto web dá Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico galego, a outros termos como feminismo, sororidade, apoderamento, fariña e fascismo.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, destacou onte como as votacións desta iniciativa reflicten dalgún xeito as inquedanzas dos internautas e da sociedade en xeral. Dunha banda, deseucaliptización, como eucaliptización ou vaga de lumes -tamén finalista no 2017-, revela unha preocupación «polo patrimonio forestal galego e os perigos do monocultivo», avogando por «racionalizar a presenza dos eucaliptos no país».
Doutra banda, as palabras como feminismo, sororidade ou apoderamento entroncan cun ano no que se viviu con forza a loita pola igualdade plena das mulleres con respecto aos homes. «Estou convencido de que unha amplísima maioría da sociedade galega cre e quere esa igualdade», subliñou Freixanes. «Outra cousa é a letra pequena, conseguir que sexa unha realidade na prosa da vida diaria», engadiu.
AS TRES MÁIS VOTADAS:
-Deseucaliptización: 3.114
-Feminismo: 1.032
-Sororidade: 641
Freixanes tamén se
felicitou de que deseucaliptización e eucaliptización sexan
neoloxismos -de feito, non figuran aínda no Dicionario da RAG-, xa que demostra
o enxeño do idioma por atopar palabras novas que designen aquelas realidades
que necesitan de termos para falar delas con precisión. «Demostra a utilidade da lingua e a súa
capacidade para crear palabras novas: iso é un idioma vivo, que segue a
producir palabras», describe Freixanes. O presidente da RAG exemplifica o
traballo continuo do Seminario de Lexicografía da institución, onde examinan
propostas para considerar a súa inclusión no Dicionario e a súa pertinente
definición. «Estamos a debater, por exemplo, qué palabra pode ser a acaída para
falar dunha estación de servizo na que non se sirva gasolina, senón
electricidade», explica. «Hai moitas propostas que son sinxelamente brillantes,
outras que son discutibles. Hai pouco alguén nos dixo que como era posible
que furancho non
apareza no Dicionario: que non existise era algo que chamaba moito a atención»,
engade o presidente.
Palabras antigas
Para Freixanes, outra
manifestación do xenio da lingua é a súa capacidade para recuperar palabras
antigas e darlles unha nova vida, polo xeral con novos significados. «Hai xente
que aos aeroxeradores dos parques eólicos lles chama virandelos, que é como nos
referiamos nós de cativos a eses muíños de xoguete que xiraban co aire», cita
como exemplo.
Outros anos
foron «afouteza», «irmandade» ou «corrupción»
O Portal das Palabras convoca a
votación para elixir o termo máis representativo do ano dende o 2014, ano no
que resultou elixida corrupción. Seguíronlle refuxiado/a (2015), irmandade
(2016) e afouteza, no 2017. Esta última foi un exemplo de palabra antiga que
regresa á actualidade nun novo contexto, xa que figuraba en documentos do
século XIV e reviviu vinculada en parte ás campañas de promoción do Celta de
Vigo. O ano pasado tamén fora finalista sapoconcho, palabra popularizada por un
concursante de Operación Triunfo.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário