O artista traballaba nun proxecto fotográfico sobre Betanzos cando faleceu insesperadamente no pasado mes de maio en Amarante
Por X.F.
O artista portugués Antero de Alda (Aveiro, 1961) traballaba nun proxecto fotográfico sobre Betanzos -con especial protagonismo para o parque do Pasatempo- cando faleceu inesperadamente no pasado mes de maio en Amarante. Ao fío desta secreta relación, o pasado venres na librería Biblos de Betanzos inaugurouse a súa primeira mostra en España, que agora adquire o matiz de homenaxe. Comisariada por Xosé Luís Mosquera, Retratos & transfiguraçõ é recolle fotografías do libro homónimo que o creador publicou no 2015. Mosquera destaca o papel da fotografía nun artista que se moveu en varios ámbitos -poesía, vídeo, montaxes sonoras, pinturas ou performance- e que levaría a De Alda a percorrer o seu país -Barroso, Alentejo, Amarante, Peneda-Gerês...- retratando as faccións dos seus compatriotas. O comisario da mostra en Betanzos vincula o seu traballo ao doutro fotógrafo, o francés George Fourel, con quen acabaría por protagonizar dúas exposicións conxuntas, celebradas en Montalegre e Amarante.
Precocidad
Antero de Alda foi un artista precoz, que aos quince anos empezou a crear os seus primeiros poemas visuais. Entre os seus libros destacan obras como A reserva de Mallarmé ou Mil vidas tem S. Gonçalo, unha homenaxe á localidade portuguesa de Amarante, onde se instalou.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]
Sem comentários:
Enviar um comentário