segunda-feira, 17 de setembro de 2018

Dous edificios de Vigo, entre a mellor arquitectura de Europa dos últimos 30 anos

Unha exposición recolle os proxectos nomeados ao Premio de Arquitectura da UE e en total 12 son galegos
A fundación Mies van der Rohe expón ata o 28 de outubro en Madrid a "Spanish Architectures. Crónica desde Europa", unha mostra das máis de 300 obras construídas en territorio español, ou por arquitectos españois en Europa, que foron nomeadas ao Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van der Rohe durante os seus 30 anos de historia. Un total de 12 edificios están en Galicia, dous deles en Vigo. 

A sala de exposicións A Arquería dos Novos Ministerios de Madrid é a encargada de acoller a cita. A entrada é gratuíta para o público, que terá a oportunidade de visitar unha exposición organizada nun percorrido con sete espazos dedicados a cada un dos premios logrados por España nestes 30 anos. "Trátase dunha exposición na que podemos comprender mellor a maneira en que cambiou o territorio español", asegura Iván Blasi, comisionario da exposición.

Entre os 300 proxectos nomeados no seu día figuran 12 construídos en Galicia. Son os seguintes: 

1. Centro de Saúde de Domaio (2001), de Irisarri + Piñera

2. Facultd de Ciencias da Información de Santiago (2001), de Alvaro Siza
3. Centro de Altos Estudos Musicais de Santiago (2005), de Ensamble Estudo
4. Fundación Pedro Barrié da Maza, sede de Vigo (2007), de Mansilla + Tuñón Arquitectos
5. Centro dás Artes na Coruña (2009), de Aceboxalonso Architects
6. Auditorio Illa de Arousa (2009), de Manuel Galego
7. Sede de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (2011), de Irisarri + Piñera
8. Museo da Historia de Lugo (2013), de Neto Sobejano Arquitectos
9. Casa Chao, en Corcubión (2015), de Creus e Carrasco Arquitectos
10. Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Coruña (2015), de Angel Rico e Manuel Méndez
11. Auditorio de Lugo (2017), de Paredes Pedrosa Arquitectos
12. Museo Nacional das Peregrinacións e de Santiago (2017), de Manuel Galego


 [Fonte: www.farodevigo.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário