quinta-feira, 9 de agosto de 2018

O Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández, en castelán e inglés

O escritor manterá un encontro cos lectores na Feira do Libro da Coruña 

Frank Soutelo, o detective creado por Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955), ten xa seis novelas publicadas en galego. Agora, o personaxe amplía o seu radio de acción coa tradución de dúas obras ao castelán e ao inglés. 

Dunha banda, o arranque da saga, Un nicho para Marilyn, conta cunha nova edición en castelán, publicada por Rosetta. Doutra, Lume de cobiza ten xa versión en inglés, titulada Greedy Flames, na tradución de Kathleen March e publicada por Small Stations Press, que tamén ten en catálogo A niche for Marilyn

Miguel Anxo Fernández manterá un encontro cos lectores mañá ás 19.45 na Feira do Libro da Coruña.

[Imaxe: SANTI M. AMIL - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário