segunda-feira, 13 de agosto de 2018

A importancia do nome

Un artigo de ÁLEX PICAZA MARTÍNEZ 

Había unha vez un neno que ninguén sabía como se chamaba. Ninguén se molestou nunca en darlle un nome. En casa chamábanlle: «¡Eh!» ou «Ti». No colexio ninguén lle falaba, xa que non sabían como chamarlle. A profesora dicíalle: «O neno ese». 

O neno estaba cada vez máis triste e desesperado. Decidiu que xa ía sendo hora de atopar un nome adecuado para el. Empezou por repasar os nomes dos nenos da súa clase, a ver si algún lle gustaba. Había tres nomees que lle gustaban: «Jorge», «Tiago» e «Alberto». Pero logo pensou que eses nomes xa os tiñan outros nenos, necesitaba algo máis orixinal. 

Foi a dar un paseo a ver si ocorríaselle algo. Sentouse nun banco e atopou o logotipo da marca do banco. «Miguel» era a marca. Pero logo acordouse do seu primo, e pensou: «Ese xa está colleito». Seguiu pensando un intre máis, e deuse conta de que non tiña por que elixir un nome como todos os demais… ¡El podíase chamar de xeito alucinante! 

Quería un nome que fose inmenso. Quería un nome que fose orixinal. Quería un nome que fose impresionante… ¡OCÉANO! 

Ao día seguinte presentouse no colexio e díxolles a todos que tiña por fin un nome: «Amigos meus, por fin teño un nome, e ese nome é Océano, así que a partir de agora chamádeme así». A partir dese día puido cumprir o seu soño de ter amigos e un nome. Puido pór o seu nome nos exames, nos cadernos, nos cartafoles… E agora que todos sabían como se chamaba, Océano puido ser un neno normal.


Álex Picaza Martínez, 11 anos. A Coruña. Estudante.

[Fonte: www.lavozdegalicia.es] 

Sem comentários:

Enviar um comentário