domingo, 15 de julho de 2018

Así lucían A Coruña e Compostela en 1917

Grupo de rapaces e rapazas "co pelo loiro e os ollos azuis" na Coruña (1917)
CC BY-NC-SA http://collections.albert-kahn.hauts-de-seine.fr/

Albert Kahn foi un banqueiro francés de orixe alemá que en 1912 iniciou o proxecto Arquivo do Planeta co que buscaba levar a cabo un rexistro fotográfico de todos os recunchos da Terra. Entre 1912 e 1931 o seu persoal técnico recolleu 72.000 fotografías en cor e 183.000 metros de película en máis de 50 países nos cinco continentes. Contaba cunha ducia de fotógrafos, dirixido por Jean Brunhes, que dirixía a iniciativa. O crac financeiro de 1929 limitou moito a fortuna de Kahn, poñendo punto e final ao proxecto.

Costa de Sar, Santiago de Compostela (1917)
CC BY-NC-SA http://collections.albert-kahn.hauts-de-seine.fr/
O filántropo estaba animado por un ideal de "paz universal", tendo o convencemento de que un maior coñecemento dos distintos pobos do planeta entre si levaría a un achegamento e a unha convivencia máis amigable. Dende 1986 unha selección das imaxes pode verse no Musée Albert-Kahn, situado en París. Ademais, na súa web pódense consultar de forma libre a totalidade dos arquivos.
En maio de 1917 os seus técnicos viaxaron a Galicia e hoxe podemos gozar de 74 imaxes tiradas en Compostela, Padrón e A Coruña por Auguste Léon e Georges Chevalier. Vemos o aspecto que presentaba a Catedral de Santiago, as rúas Nova e do Vilar, o barrio de Sar. Tamén o Porto da Coruña, O Castelo de San Antón ou Rúa de San Francisco na cidade herculina. Tamén imaxes de persoas traballando: leiteiras, labregas ou mulleres transportando sal. Ou fotografías de carros, hórreos ou arados en pleno uso. E, igualmente, de nenos, nenas, homes e mulleres posando ante a cámara nas dúas urbes, amosando traxes tradicionais ou a roupa de cotío.
Mulleres transportando sal, A Coruña (1917)
CC BY-NC-SA http://collections.albert-kahn.hauts-de-seine.fr/
Chaman a atención varias fotografías pola súa intensidade, por exemplo a que permite ver, con todas as súas cores, un grupo de rapaces e rapazas nas rúas da Coruña sobre as que o fotógrafo destacara que tiñan "o pelo loiro e os ollos azuis".
A colección Albert-Kahn permite a reutilización das imaxes do seu arquivo sempre que se faga sen fins comerciais, sen modificalas e subliñando que se comparten mantendo as mesmas condicións de orixe.








Rúa do Vilar, Santiago de Compostela (1917)
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela (1917)
Patio de Madres e Costa de Sar, Santiago de Compostela (1917)
Costa de Sar, Santiago de Compostela (1917)
Carro de bois, Santiago de Compostela (1917)
San Xerome, Santiago de Compostela (1917)
Muller e carro de bois na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela (1917)
Rúa Nova e Igrexa de Salomé, Santiago de Compostela (1917)
Fachada da Acibecharía, Santiago de Compostela (1917)
Hórreo no camiño entre Santiago e Padrón (1917)
Carro no camiño entre Santiago e Padrón (1917)
Muller e nena co traxe tradicional, entre Santiago e Padrón (1917)
Muller e nena co traxe tradicional, entre Santiago e Padrón (1917)
Conxunto de casas preto da Estación de Tren de Compostela (1917)
Catedral e Cidade Vella de Santiago, dende O Pombal (1917)
Rúa de Santo Domingo da Coruña (1917)
Grupo de rapaces e rapazas "co pelo loiro e os ollos azuis" na Coruña (1917)
Castelo de San Antón, A Coruña (1917)
Carro de bois, A Coruña (1917)
Bois de carga no Porto da Coruña (1917)
Casa Cornide, A Coruña (1917)
Dous irmáns na Coruña (1917)
Muller e poldro na Coruña (1917)
Leiteira e asno na Coruña (1917)
Porto da Coruña (1917)
Dársena do Parrote, na Coruña (1917)
Morea de sal no Porto da Coruña (1917)
Mulleres transportando sal, A Coruña (1917)

Galicia na colección Albert-Kahn (1917)



[Fonte: www.praza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário