segunda-feira, 16 de julho de 2018

A Guarda, a vista de paxaro coas fotografías de Pablo Lubiáns

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda
A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 27 de xullo a exposición “Cambia de Perspectiva” de Pablo Lubiáns, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fóra do habitual.
“Sen dúbida unha exposición que gustará moito aos amantes da fotografía e aos veciños da vila, onde coñecerán A Guarda dende un punto de vista diferente, “a vista de paxaro”, subliñaron desde o Concello.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

Pablo Lubians é o fundador da empresa pontevedresa Voando Drone, especializada en traballos aéreos con drones. Cunha longa experiencia neste tipo de traballos ao longo de toda a xeografía galega, adícase profesionalmente á gravación de fotografía e vídeo aéreo, inspeccións de obra civil, vixiancia, ou cobertura de eventos deportivos, entre outras.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

A exposición pódese visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda



[Fonte: www.xornaldevigo.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário