quarta-feira, 27 de junho de 2018

O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega

Dende a súa aparición en 1990 é coordinador da revista Cadernos de Lingua que edita a Real Academia Galega, á que pertence como membro numerario dende 2012.
Xosé Luis Regueira, novo director do ILG
Instituto da Lingua Galega (ILG) ten novo director. A Xunta de Goberno desta institución da USC nomeou este luns ao profesor Xosé Luís Regueira Fernández logo de que fora proposto por unanimidade como candidato nunha reunión do seu Consello Científico.
Xosé Luís Regueira Fernández (Vilalba, 1958) é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Románica na USC en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade sete anos despois. Forma parte do ILG desde 1981, onde foi o seu secretario entre 1996 e 2005.
Os seus intereses investigadores céntranse na fonética e na variación da lingua oral, e actualmente é investigador principal do proxecto Cambio lingüístico no galego actual. Dende a súa aparición en 1990 é coordinador da revista Cadernos de Lingua que edita a Real Academia Galega, á que pertence como membro numerario dende 2012. 
XUNTA DE GOBERNO
Ademais, na reunión deste luns a xunta de goberno deu o seu visto bo á memoria de actividades e económica de 2017 e á programación de 2018. Ademais, na xuntanza aprobaron a reforma do regulamento de réxime interno do propio Instituto.


[Imaxe: USC - fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário