domingo, 24 de junho de 2018

A RAG engade 350 novas palabras, entre elas 'ciberacoso', 'aporofobia' ou 'colaborativo'

Dende esta semana o diccionario da RAG inclúe a acepción de 'nube' como "espazo de almacenamento virtual"



Ciberataqueciberacosociberseguridadeciberdelincuenciaciberdelincuente ou ciberdelito son algunhas das novas 350 palabras incorporadas pola Real Academia Galega ao seu dicionario, que en moitos casos inciden en fenómenos ligados ás tecnoloxías da comunicación e outros fenómenos que se foron afianzando na sociedade nas últimas décadas, incorporándose de forma natural e habitual á linguaxe cotiá. O Seminario de Lexicografía da institución revisou entre xaneiro e a primeira quincena de xuño preto de 2.200 voces. En total, entre as novas entradas e as novas acepcións de termos xa recollidos, os cambios supoñen 350 novas incorporacións. 

Entre estes cambios, o dicionario engade a nube unha nova acepción referida ao espazo de almacenamento virtual. E tamén recolle xestor –a de comunidade como voz propia para o anglicismo community manager. Aparecen tamén conectividade ou blogosfera.

Destaca igualmente a inclusión de 168 termos matemáticos que enriquecen o glosario especializado da lingua galega, grazas á colaboración de especialistas de distintos eidos. Entre elas figuran palabras como grafohexadecimal ou óvalo; e tamén novas acepcións para interpolarmodamedianacongruenciaregresión ou transitivo.
Incorpóranse tamén rendibilizar (ata agora só se recollía o adxectivo rendible), colaborativocorremundos, aparcacoches aporofobia (e aporofóbico, o seu adxectivo correspondente), neoloxismo creado pola catedrática de Ética e Filosofía Política Adela Cortina nos anos 90 para designar o "medo, rexeitamento ou aversión ás persoas pobres e desfavorecidas". Ao longo do primeiro semestre do ano o dicionario foi xa incorporando outros termos presentes na lingua viva como rap, baremar ou tripi. 
Dende a Academia lémbrase que a RAG está sempre aberta ás suxestións de novas incorporacións e cambios realizadas por calquera persoa. Por exemplo, o Dicionario inclúe a opción de enviar mensaxes clicando no botón de Axúdanos a mellorar, visible tras a definición de calquera termo, e tamén a través das redes sociais. Por exemplo, a entrada de aporofobia débese a unha solicitude remitida polo Foro Socioeducativo Os Ninguéns.



[Imaxe: CC BY-SA Ángel Torres - fonte: www.praza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário