sexta-feira, 27 de abril de 2018

Estrea de “O león dorme esta noite” con subtítulos en galego


O filme O león dorme esta noite obra do cineasta Nobuhiro Suwa estrearase mañá 27 de abril, nas salas de todo o Estado.
En Galiza o filme será proxectado na súa versión orixinal en francés con subtítulos en galego. Os subtítulos foron elaborados por Numax. A proxección nesta versión estará dispoñíbel no cine Dúplex de Ferrol, cines avenida de Caldas de Reis e cinema Numax en Santiago de Compostela. Ademais, Nobuhiro Suwa visitará o cinema Numax.
Desde a Mesa animamos a que outras distribuidoras e produtoras tamén aposten polo cinema en galego e/ou subtítulos en galego, pois existe unha demanda social nada desprezábel que desexa poder desfrutar da arte cinematográfica na lingua propia de Galiza.

[Fonte: www.amesa.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário