terça-feira, 17 de abril de 2018

"A torto e a dereito", e non a expresión castelá "a diestro e siniestro"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Capa do libro A torto e dereito
Capa do libro A torto e dereito
Por Xosé Antonio Pena

A diestro y siniestro: velaquí unha desas expresións tan integradas na nosa realidade lingüística que moitos galegofalantes xa a calcamos ó dereito, practicamente de xeito natural e mesmo inconsciente, do castelán, todo o máis trocando a conxunción copulativa castelá y pola correspondente conxunción galega e.
Non obstante, cómpre saber que no noso idioma galaico existen expresións que cobren e ocupan exactamente os mesmos espazos de uso ca aquela, así como tamén varias outras que, en función dos diferentes contextos, poderían así mesmo ser empregadas. Ímoslles botar, pois, unha ollada.
A diestro y siniestro && A diestra y siniestra
{= En todas as direccións e en gran cantidade.}
A torto e a dereito
A torto e dereito
Ex.: De camino a la iglesia vimos, manifestándose, gente a diestro y siniestro.
De camiño á igrexa vimos, manifestándose, xente a torto e a dereito  a torto e dereito.
● Tamén, e dado que en moitos contextos ese significado primixenio leva aparellado o de dar a entender que algo se realiza sen reflexión, coidado, coutamento, escolla nin miramentos:
A trochemoche && A troche y moche && A tuerto o a derecho && A tuertas o a derechas
A eito && A feito && A treo && Á toa && Ás toas
Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro  a troche y moche.
Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito  a eito  a feito  a treo  á toa  ás toas.
Ex.: Os encapuchados empezaron a disparar contra la gente a diestro y siniestro  a troche y moche.
Los encapuchados empezaron a disparar contra a xente a torto e (a) dereito  a eito  a feito a treo  á toa  ás toas.
Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro  a troche y moche.
Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito  a eito  a feito  a treo  á toa  ás toas.
● Ou mesmo tamén, compartindo contextualmente espazos de uso en certas ocasións:
Sin mirar # pararse # reparar # tropezar en barras
{= Sen considerar os inconvenientes que pode ter levar algo a cabo, e facéndoo sen ningún reparo e sen se coutar nin un chisco.}
Sen reparar en danzas
Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro  sin reparar en barras.
Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito  sen reparar en danzas.
Ex.: Los encapuchados empezaron a disparar tiros contra la gente a diestro y siniestro  sin pararse en barras.
Os encapuchados empezaron a disparar tiros contra a xente a torto e (a) dereito  sen reparar en danzas.
Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro  sin pararse en barras.
Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito  sen reparar en danzas.
● Incluso tamén, en ocasións, comparte ámbitos de uso con locucións que simplemente fornecen a idea de “en gran cantidade, en abundancia”, coma a esgalla, a embute, á envorca, a moreas, ás moreas, a feixes, a fartar, a varrer, etc., que veremos máis polo miúdo noutro momento, cando tratemos a locución castelá a mansalva:
Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro  a mansalva.
Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito  a esgalla  a embute  á envorca  ás moreas  a feixes  a fartar  a varrer.
● Mesmo tamén, nalgunha ca outra ocasión en que o que se pretende salientar é que algo acontece, ou se realiza, en todas as direccións:
Por todas (las) partes && Por todos (los) lados && Por todos (los) sitios && Por doquier
Por todas (as) partes && Por todos (os) lados && Por todos (os) sitios && Por onde queira que + verbo ou oración axeitados ó contexto
Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro  por todas partes  por doquier.
Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito  por todas partes  por todos os lados  por onde queira que podía  por onde queira que lle ían as mans.
Ex.: Los encapuchados empezaron a disparar tiros contra la gente a diestro y siniestro  por todos los lados  por doquier.
Os encapuchados empezaron a disparar tiros contra a xente a torto e (a) dereito  por todas partes  por todos os lados  por onde queira que saíran  por onde queira que mirases.
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
Dicionario da Real Academia Galega (edición en liña).
- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Rodríguez González, Eladio: Apéndice ó Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, publicado en 1961. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego, publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Valladares Núñez, Marcial: “Nuevo suplemento al Diccionario gallego-castellano publicado en 1884 por Marcial Valladares Núñez”, de entre 1896 e 1902. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário