O PSdeG critica o “desleixo “ da Xunta para mellorar o uso do idioma entre os profesionais das leis e advirte da súa “irrelevancia” no Ministerio Fiscal en Galicia.
O galego segue excluído da Xustiza. Así o cre a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, que lamentou este mércores o desinterese da Xunta á hora de solucionar a “irrelevancia” da lingua galega para o Ministerio Fiscal en Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Xustiza na que criticou que o Executivo non teñan actualizados os datos sobre o uso da lingua en Galicia.
Vilán lembrou que a Lei de Normalización Lingüística de 1983 sinala que a Xunta “promoverá a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza”. Non obstante, apuntou, “o certo é que o uso da nosa lingua na Xustiza é absolutamente residual e non hai datos oficiais actualizados, nin sequera cando este Grupo Parlamentario llelo pide expresamente ao Goberno”.
Apuntou ao cuarto informe do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, que sinala ás carencias no uso do galego no ámbito xudicial.
Por iso instou ás administracións a introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o desenvolvemento de procesos xudiciais en lingua galega. “Tomamos en consideración as recomendacións”, foi a principal aportación do PPdeG neste asunto.
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário