A Escola Oficial de Idiomas de Santiago organiza unhas xornadas sobre literaturas estranxeiras en galego. O encontro celebrarase o 14 de marzo e a el achegaranse profesionais da tradución. Será unha mesa redonda que dará paso a talleres para traducir desde diferentes linguas.
| Escola Oficial de Idiomas de Santiago |
As actividades comezarán cunha mesa redonda sobre a tradución ao galego. Neste acto estarán presentes profesionais da tradución. Concretamente serán María Alonso Seisdedos, Patricia Buxán, Isabel Soto e Alejandro Tobar Salazar.
OBRADOIROS DE TRADUCIÓN
Unha vez que remate a mesa redonda, pasarase a realizar talleres de tradución impartidos polos tradutores convidados. Así, será Patricia Buxán quen modere o obradoiro de tradución do alemán, Isabel Soto o de francés, Alejandro Tobar o de inglés e María Alonso Seisdedos moderará o de italiano.
A participación nestes obradoiros estará aberta para o alumnado dos niveis avanzados e C1 de cada lingua. Haberá que facer unha inscrición previa, que remata o 20 de febreiro, enviando un mail a dalvarez@eoisantiago.org. O alumnado inscrito recibirá os textos con tres semanas de antelación para preparar a súa tradución e discutir e poñer en común no obradoiro.
[Imaxe: EOI Santiago - fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário