sexta-feira, 19 de janeiro de 2018

A derradeira morada do mestre

Destacadas voces da cultura galega avogan polo retorno definitivo do óleo de Castelao que o Centro Galicia cederá este ano para unha exposición en Santiago 



Un artigo de XESÚS FRAGA 

Contra finais deste ano o óleo de Castelao titulado A derradeira leición do mestre sairá por primeira vez da Arxentina, onde foi pintado polo intelectual galeguista en 1945, para formar parte dunha exposición no Museo Centro Gaiás. O cadro reproduce en gran formato unha estampa homónima que formou parte do álbum Galicia mártir, un dos tres que Castelao publicou durante a Guerra Civil, unha denuncia da represión exercida polo bando franquista. É, xa que logo, unha obra fondamente enraizada non só co seu pensamento e compromiso políticos, senón coas mesmas circunstancias que o abocaron ao exilio, no que morreu, en 1950, en Bos Aires. 





[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário