quarta-feira, 10 de janeiro de 2018

20,5 millóns de consultas no Dicionario da RAG en 2017, un 42% máis

Supón unha media diaria de 56.000 accesos. A institución académica asegura que este balance "confirma a consolidación do dicionario como unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua galega".

Dicionario da Real Academia Galega (RAG) pechou 2017 co maior número de consultas desde a posta en marcha da súa versión dixital en 2013, até as 20,5 millóns de procuras. Esta cifra supera nun 42 por cento as cifras de 2016 e supón unha media diaria de 56.000 accesos.
Dicionario da RAG
Dicionario da RAG















A institución académica asegura que este balance "confirma a consolidación do dicionario como unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua galega para un crecente número de persoas", sinala.
Por outra banda, explica que o dicionario alcanzou o ano pasado desde academia.gal "os 1.059.472 usuarios únicos, case 192.000 máis que en 2016".
MÁIS DE 56.000 TERMOS
En concreto, alude ás persoas que cada día fan uso desta ferramenta para acceder aos significados de máis de 56.000 termos tanto a través da páxina web como do 'Portal das Palabras', un proxecto de modernización do traballo lexicográfico da RAG e a Fundación Barrié.
«Afouteza», palabra máis consultada no Dicionario da RAG no mes de maio de 2017.
«Afouteza», palabra máis consultada no Dicionario da RAG no mes de maio de 2017.




















Así mesmo, engade que, ás máis de 20,5 millóns de consultas rexistradas desde ambas as webs, hai que sumar os case dous millóns de visualizacións que rexistraron as aplicacións do dicionario para Android e iOS, cunhas 70.000 descargas.

[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário