O mañegu, valverdeiru e lagarteiru, son dialetos con orixe galega que son faladas por preto de 6.000 persoas no Val do Xálima, no norte de Extremadura.
A fala, valego ou galego extremeño é un tipo de fala que se utiliza no Val do Xálima, no norte de Extremadura, nos coñecidos como os tres lugaris: San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e as Ellas. E esta peculiaridade acaba de ser salientada no xornal francés, Courriere International.
Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito, a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe. A fala ten tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val: Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello, Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno e Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.
E, precisamente, esa particulariedade lingüística, a fai moi atractiva para os estudosos da lingua galega, entre eles, Henrique Costas, que apunta a que a súa orixe estaría nos colonos galegos que se instalaron nestas terras após a Reconquista, no século XIII.
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário