segunda-feira, 20 de novembro de 2017

Vendido por medio millón de euros un debuxo de Tintín

A acuarela de Hergé poxada presenta a Tintín e a Milú, escoltados por un mordomo, no palacio real de Sildavia, reino imaxinario onde transcorre a trama

Hergé/Moulinsart/Handout
RPA

Un debuxo orixinal dun dos cómics das aventuras de Tintín  foi poxado por 505.000 euros en París, segundo confirmou a empresa encargada da venda, Artcurial.

O debuxo de Tintín e o seu can Milú do caricaturista belga Hergé (1907-1983) forma parte da oitava entrega das aventuras do personaxe, O cetro de Ottokar. Hergé creou a imaxe a cor para unha portada do suplemento Le Petit Vingtième en 1939, onde eran publicadas entón as historias. A acuarela presenta a Tintín e a Milú, escoltados por un mordomo, no palacio real de Sildavia, reino imaxinario onde transcorre a trama. 

A casa de poxas valorara o debuxo entre 600.000 e 800.000 euros, polo que a cifra obtida finalmente foi menor ao esperado. Nos últimos anos os debuxos de Hergé alcanzaron elevados prezos: unha páxina dobre de 1937 con máis de 40 escenas vendeuse no 2014 por máis de 2,6 millóns de euros.


[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário