A actuación na Catedral pechará o programa conmemorativo do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo
Un artigo de Montse García
Carlos Núñez volverá tocar acompañado polos instrumentos do Pórtico dá Gloria o mércores 22 de novembro na Catedral nun concerto que porá o peche ao programa conmemorativo do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo. Para esta ocasión, o gaiteiro e o músico Jordi Savall crearon un programa que prestará particular atención á música do Códice Calixtino e ás Cantigas medievais.
As entradas para o concerto, que se celebrará a partir das 21.30 horas, serán gratuítas. Con todo, é preciso recoller previamente as invitacións, que se repartirán desde as 16 horas do 18 de novembro no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.
A directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o deán da basílica compostelá, Segundo Pérez, asinaron esta mañá o convenio polo que a Xunta patrocina esta cita.
[Imaxe: Óscar Vázquez - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário