quarta-feira, 25 de outubro de 2017

Celebración das músicas negras

P.P. Arnold, heroína do rhythm and blues localizado na Inglaterra dos 60, abre esta quinta feira a o festival Outono Códax en Santiago de Compostela. Celebración das músicas negras de toda condición, polos escenarios do certame, que se estende ate o 18 de novembro, desfilarán bandas de soul, ska, ou rock & roll clasicista.

A cantante soul P. P. Arnold



Como aperitivo ao concerto de Arnold na Sala Capitol, os composteláns Cachas & Cousins ofrecerán unha sesión de ritmos xamaicanos da vella escola, do rocksteady ao ska. Ao día seguinte, sexta feira 27 de outubro na sala Riquela, Lar&Freire -dúo de guitarra e batería con base en Compostela- amosarán a súa exploración do "fondo do espírito que teñen en común as músicas populares de todos os pobos do mundo".

O ciclo continuará a sexata feira, 3 de novembro, de novo na Sala Riquela. Será a quenda de Hendrik Röver, histórico líder dos cántabros Los Del TonoÓscar Avendaño á marxe de Siniestro Total, e o galego Juanjo Zamorano, que afondan  nos reberetes norteamericanos do rock. O sábado día 4, os suízos The Hillbilly Explosion encherán a Sala Capitol de rockabilly. Acompañáranos os neoiorquinos Daddy Long Legs, ofrecidos a blues de garaxe, e o rockabilly dos galegos Mad Martin.

A derradeira sesión do Outono Códax será o 17 e o 18  de novembro. A sexta feira, o mallorquí Johnny B. Bad despachará en solitario -é un home orquestra- a súa síntese de rock de garaxe, surf e música dos anos 50. Será na Sala Riquela. Ao día seguinte na Capitol, os estadounidenses The Suffers, practicantes do novo soul, e mais o blues dos italianos Sugarddadies & the Cereal Killers pecharán o festival.

[Fonte: www.sermosgaliza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário