sábado, 3 de fevereiro de 2018

As historias de Dalí, en Lugo

Afundación presenta a exposición «Salvador Dalí, contador de historias» con gravados e estampas do pintor.

«Salvador Dalí, contador de historias», conformada por setenta e dous gravados e estampas pertencentes aos chamados ciclos literarios de Dalí é a nova oferta cultural de Afundación, a Obra Social de ABANCA, para a cidade de Lugo. Poderase visitar ata o vindeiro 21 de abril, de luns a sábado, en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Unha fotografía do xenial pintor Salvador Dalí
Unha fotografía do xenial pintor Salvador Dalí


As pezas que se presentan nesta exposición proveñen da Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital, que colabora con Afundación na realización deste proxecto cultural. Nelas o artista combina as artes gráfica e literaria dando lugar a ilustracións evocadoras dos libros que máis o impresionaron, como Pantagruel, de François Rabelais, Le bestiaire, de La Fontaine, e El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes.
Así, as setenta e dúas pezas permiten realizar un completo percorrido pola iconografía, a simboloxía e a forte personalidade do seu autor.

[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário