terça-feira, 2 de junho de 2020

Ollo cos labregos, os grelos ou os bicos en Portugal

Semella que estas formas poden ter o mesmo significado en portugués. Pero non é así e poden levar a situacións embarazosas.

bico de amor

O galego e o portugués teñen a mesma raíz lingüística, pero non todo o vocabulario que empregamos dunha e doutra beira da raia significa o mesmo. Aquí tres casos comentados por Marco Neves, profesor na NOVA-FCSH, tradutor e autor na web Certas Palavras.

«Labrego»
Lonxe de ser para maiores de 18, é para todas as idades. A verdade é que é difícil encontrar portugueses que non se rían cando descobren que, na Galiza, existe un Sindicato Labrego Galego.

Un labrego aquí é quen traballa a terra. En Portugal o significado é ben diferente. Un labrego é unha persoa parva e groseira. Alí o correcto é dicir lavrador.

«Grelo»
Unha das verbas máis comúns en Galicia, que dá nome a un dos principais elementos que conforman o tradicional caldo e cocido galego. Pero, no país veciño o seu significado é moi diferente, tanto, que falara de grelos en Portugal pode dar lugar a situacións complicadas. Alí o grelo é a forma vulgar de definir ao clítoris. E, de feito, fíxose esta palabra coñecida no mundo enteiro polo famoso tradutor de Google que nomeou como "Fiesta del clítoris" á "Feira do Grelo" das Pontes.

«Bico»
E outra palabra que pode levar a outra situación de embarazo é bico. Aquí damos bicos e biquiños a todos --agora menos por mor da COVID-19-, pero en Portugal un bico é unha felación.


[Imaxe: Youtube.com - fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário