sexta-feira, 7 de agosto de 2020

Queres coñecer os panos xudeos de Tui achados na catedral?

 

 

Varios sambenitos atopados na década dos 80 na Catedral de Tui. Este é o gran tesouro que garda o seu Museo Diocesano, e que son as pezas máis destacadas do patrimonio xudeu tudense. Trátase de cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais no Museo Catedralicio, e que constitúen unha testemuña única da historia das xudarías galegas.

Os sensacionais panos poden visitarse no Museo Diocesano de Tui, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, onde se custodian estas valiosas pezas. Mais tamén moitas outras pezas artísticas de toda a comarca do Baixo Miño. Este verán pode visitarse de luns a venres en horario de 11 a 14 h e de 18 a 20 h, cun donativo de 1€ polo acceso.

 

[Fonte: www.historiadegalicia.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário