domingo, 5 de agosto de 2018

O xornal francés "Le Monde" eloxia o "encanto salvaxe" das Illas Cíes

A area branca e delgada, as augas turquesas, as dunas, os golfiños e as gaivotas, os bosques de piñeiro e eucaliptos... o xornal francés describe a beleza do noso fráxil ecosistema e considera as Illas Cíes como "as máis caribeñas do Estado".

Praia De Rodas, En Las Illas Cíes
Praia de Rodas, En las Illas Cíes

Que esquezan as "Virgen Islands" no mar Caribe porque non é preciso coller un avión intercontinental "para xogar a ser Robinson Crusoe". A descuberta é en barco, rumbo ás Illas Cíes, traxectoria atlántica. Así é como mira o xornal Le Monde ás Illas Cíes, como aquel "ecosistema fráxil" con "encanto salvaxe" e "area fina" que foi tamén "refuxio para piratas".
O artigo, escrito polo correspondente Sandrine Morel, pon en valor a non masificación deste "paraíso" ao explicar que as autoridades locais limitan o acceso a 2.200 persoas por día. Porque, sinala, "as illas Cíes non teñen habitantes". E tampouco "electricidade ou coches que perturben o seu encanto". Pero teñen golfiños, dunas, gaivotas, rutas de piñeiros e eucaliptos, rochas de montaña, toxo... E tres restaurantes "un pouco decadentes e nada fachendosos".
A publicación tamén ten palabras para a que fora nomeada en 2007 polo diario británico The Guardian como "a praia máis fermosa do mundo", a tranquila praia de Rodas. E lembra que as Illas Cíes son tamén as "illas dos deuses", xa que a lenda local explica como as escuras e bravas augas do Atlántico bateron nas rochas e mudaron a cor cando "Deus decidiu descansar no sétimo día da Creación". 
Pero hai unha diferenza fundamental entre as augas cristalinas do Caribe a as augas galegas. Algo que o artigo cualifica como "o único inconveniente": estas as nosas augas non son axeitadas para os friorentos. 

[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário