"Os irmáns de América: As pegadas da emigración do Valadouro na Habana", de Prudencio Viveiro Mogo, tentar reconstruír as grandes achegas que os emigrantes fixeron aos concellos do Valadouro e Alfoz.
Barco recolle a emigrantes |
Portada do libro de Prudencio Viveiro “Os irmáns de América”, sobre a emigración de veciños do Valadouro e Alfoz a Cuba |
En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nos concellos de Alfoz e O Valadouro.
Entre 1921 e 1933 esta sociedade inaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente á construción doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.
Parte desa historia é a que tenta recuperar Prudencio Viveiro Mogo en “Os irmáns de América: As pegadas da emigración do Valadouro na Habana”, un libro publicado por Edicións Laiovento. A partir, principalmente, de artigos de prensa, Viveiro Mogo reconstrúe o que aconteceu nas primeiras décadas do século XX nesta zona da Mariña.
De feito, o fenómeno migratorio era a paisaxe cotiá de Galicia. Neste traballo, con todo, o autor, tenta afastarse da imaxe negativa que aínda hai da emigración para considerala – a través do caso do Valadouro – como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para o país, axudando á súa modernización e mesmo á súa construcción dunha identidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário