“As persoas de Santiago valoran positivamente cando os visitantes fan un esforzo por falárenlles en galego. Se vas ficar na cidade uns cantos días, sería unha boa idea aprender algunhas palabras como: bo día, grazas e adeus", recolle o documento que estará en galego e en inglés.
A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de editar unha guía turística alternativa de Santiago de Compostela en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man. Unha guía bilingüe galego-inglés na que se fai un particular percorrido histórico, cultural e lingüístico pola capital galega.
"A guía que pretende achegar a cultura e lingua galegas ás persoas que nos visitan, comeza cunha breve historia da cidade e alén de citar os monumentos máis representativos a visitar, tamén dá información de lugares onde tomar algo ou expresións simples en galego e inglés", indica a entidade nun comunicado.
Na guía salientase que Santiago foi a capital do Reino de Galiza que tivo un “esplendor político, económico e cultural” na Idade Media no que tamén se desenvolveu unha ampla obra en “lírica galego-portuguesa” que chegou “ás principais cortes europeas”.
"PRESIÓN" DO CASTELÁN
O documento tamén destaca que o Reino de Galiza entrou en decadencia desde o século XIV, pasando a depender da coroa de Castela. "O castelán será a lingua do poder exercendo grande presión contra o galego, que vivirá grazas ao seu uso do pobo", recolle. Ademais, tamén se lembran os grandes persoeiros da cultura galega como Rosalía de Castro e tamén o alcalde galeguista Ánxel Casal, asasinado en 1936 “vítima da represión fascista baixo a ditadura do xeneral Franco”.
“As persoas de Santiago valoran positivamente cando os visitantes fan un esforzo por falárenlles en galego. Se vas ficar na cidade uns cantos días, sería unha boa idea aprender algunhas palabras como: bo día, grazas e adeus... Ao empregares estas palabras conseguirás un sorriso das persoas de Santiago”, destaca o documento.
A guía recomenda visitar a Praza de Cervantes, o Pórtico da Gloria, o Monumento a Rosalía de Castro, o Panteón de galegos ilustres, o Panteón Real da Catedral, O castela da Rocha, A praza de Abastos, Rúa do Vilar, As Marías ou a Rúa da Moeda Vella.
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário