domingo, 27 de janeiro de 2019

«A bici éo todo», de Robert Penn


O xornalista e escritor británico reivindica a bicicleta como portadora de felicidade e unha mellor forma de viaxar para persoas e paisaxes 
 

Por X. F. 
 
«Preséntoche ao futuro», dille en Dous homes e un destino Butch Cassidy a Etta Place mentres soa Raindrops Keep Fallin' on My Head. O futuro non é outro que unha bicicleta, sobre a que o fuxido fai todo tipo de piruetas: Paul Newman non recorreu a un especialista para esta escena, senón que a rodou toda el. Aínda que o asaltador desfaise da bici tirándoa a unha gabia, non se equivocaba: aí viña o futuro, sobre dúas rodas, mentres el e Sundance Kid móvense dacabalo ou en tren.
 
A famosa secuencia abre o libro A bici éo todo, do xornalista e escritor británico Robert Penn (Birmingham, 1967), quen presume de ter pedaleado case todos os días da súa vida adulta. Non en balde creou unha empresa de vacacións sobre dúas rodas e percorreu en bicicleta a autoestrada transamazónica. É lóxico que esta paixón e este entusiasmo revivan sobre a páxina deste libro, que utiliza como soporte unha viaxe para construír a bicicleta perfecta e estrutura os seus capítulos en función dos seus diferentes compoñentes.
 
Visión anatómica
 
Esta visión anatómica, tanto da bici como da súa condición de soporte a quen a monta, é o esqueleto dun libro que mestura viaxes, xornalismo, historia, biografía e unha narración que, sen deixar de tomar curvas e desvíos -Penn adereza os seus capítulos con todo tipo de datos curiosos ou interesantes, como o número de ciclistas que había en Estados Unidos en 1890 (150.000) ou os diferentes nomes que tivo o vehículo antes de ser a bici: de cabalo de lecer a agitahuesos -, avanza sen despistarse na súa oda ao ciclismo. O resultado é un retrato da bici que vai máis aló da competición ou o transporte, senón que a reivindica como portadora de felicidade e unha mellor forma de viaxar para persoas e paisaxes. 





[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário