segunda-feira, 4 de junho de 2018

"De coma quen", expresión xenuinamente galega equivalente a "de pega"


O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
  Coche de mentira
Por Xosé Antonio Pena  
Velaquí unha destas expresións que tan de moda se puxeron e tanto se utilizan dun tempo a esta parte: “de pega”, definida no Diccionario de la Real Academia Española como “De mentira, falso, fingido. Erudito de pega. Diplomático de pega”.


En todo caso, convén lembrar que na medida en que ese substantivo pega non vén a ser, en orixe, senón a acción e efecto do verbo pegar (isto é, o correspondente á voz péga do galego, pronunciada con “e” aberto), no hipotético caso de que as instancias normativas acabasen admitindo esa locución para a nosa lingua (locución que, por outra banda, xa se usou literariamente nalgunha obra dos séculos XIX e XX, pero que no Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega do ano 2004 non se daba como aceptable ou admisible), habería que grafar o referido vocábulo con acento diacrítico: “de péga”.
Non obstante, tampouco é que teñamos a necesidade de botar man da dita locución, xa que en galego dispomos, sen ningún tipo de dúbida acerca da pureza da súa galeguidade, dalgunha expresión que vén a comunicar exactamente o mesmo contido. Vexámolo a seguir:
De pega
{= Que imita o verdadeiro modelo ou obxecto pero sen o ser, nomeadamente –no caso dos obxectos– por ser de xoguete.}
De coma quen
Ex.: Que nadie tenga miedo, que la granada que lleva en la mano es de pega.
Que ninguén teña medo, que a granada que leva na man é de coma quen.
Ex.: En ese tipo de tomas de cámara oculta no es raro que aparezan policías de pega.
Nese tipo de tomas de cámara oculta non é raro que aparezan policías de coma quen.
● Mesmo tamén:
De a coma quen && De quen quen && De a quen quen
Ex.: Que ninguén teña medo, que a granada que leva na man é de a coma quen  é de quen quen  é de a quen quen.
Ex.: Nese tipo de tomas de cámara oculta non é raro que aparezan policías de a coma quen policías de quen quen  policías de a quen quen.
● Tamén:
De mentira && De mentirijillas && De mentirillas
De mentira
Ex.: Que ninguén teña medo, que a granada que leva na man é de mentira.
Ex.: Nese tipo de tomas de cámara oculta non é raro que aparezan policías de mentira.
● Taménpero fundamentalmente aplicadas a cousas ou obxectos:
De broma
De broma && De brincadeira && De imitación
● Taménigualmente referidas sobre todo a cousas ou obxectos:
De imitación
De imitación
Ex.: Que ninguén teña medo, que a granada que leva na man é de broma  é de brincadeira  é de imitación.
E incluso tamén, gardando certa relación, na medida en que se adoita aplicar a pezas de vestir ou obxectos de adorno moi ostentosos pero de pouco valor, existen tamén as seguintes locucións:
De oropel
De ouropel
Ex.: Los maniquíes llevaban vestidos de oropel.
Os manequíns levaban vestidos de ouropel.
NOTAS:
1. Velaquí un pequeno repaso a léxico que se cadra resulta descoñecido ou dubidoso para algúns lectores (de tirarmos literalmente a definición do Dicionario da Real Academia Galega [DRAG] en liña, sinalámolo):
Brincadeirasubstantivo feminino 1. Acción e efecto de brincar, xogar ou divertirse en grupo. Ex.: En canto os nenos se viron ceibos no parque, estiveron de brincadeira toda a tardeSinóns.brinca, bromaSinóns. contextuaisalgueirada, carallada, esmorga, festa, folía, foliada, gandaina, pándega, rexouba, riola, ruada, troula, troula, xolda2. Dito ou feito dirixido a alguén e que se fai con intención de divertirse, pero sen molestar nin provocar ningún mal ou prexuízo. Ex.: ¿Non ves que me estou a meter contigo, meu, que todo é brincadeira? Sinóns.: brinca, broma, chola, charabisca.
Ouropel (DRAG): substantivo masculino 1. Lámina moi fina de latón, que imita o ouro. 2. figurado: Adorno moi aparente pero de pouco valor.
2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Boullón Agrelo, Ana Isabel & Monteagudo Romero, Henrique & García Cancela, Xermán: Diccionario normativo galego-castelán. Editorial Galaxia. 1988.
- Instituto da Lingua Galega (ILG): Tesouro informatizado da lingua galega (TILG).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

  
[Imaxe: cdn - fonte: www.galiciaconfidencial.com]
 

Sem comentários:

Enviar um comentário