Un xarro de orixe portugués do século XVI e un ánfora de tipo grego, segundo os expertos, do século VI a. C. Este é o excepcional achado que a Unidad de Buceo de Ferrol (Ubufer) da Armada, anunciou no día de onte e que foi descuberto a uns 15 m de profundidade no porto de Ribadeo. A ánfora podería ser o obxecto máis antigo do patrimonio subacuático de todo o norte peninsular.
Trátase dun achado casual mentres se facía unha sondaxe previa á campaña de estudo do do galeón San Giaccomo. Afundido en 1597, o galeón, descuberto en 2011 e un dos máis grandes da súa época, durme nas profundidades do Cantábrico no entorno da vila de Ribadeo. Será estudado nunha campaña de prospección programada para o próximo outono baixo a dirección do arqueólogo submarino Miguel San Claudio.
Mais a ánfora non aparecía ligada a el, senón no fondo do porto. O achado tal e como declaraba San Claudio a outro medio, retraería en case mil anos a cronoloxía do porto de Ribadeo. Para o experto, a datación no século VI a. C. estaría moi clara, pero restaría saber o lugar exacto onde foi producida.
Isto axudaría a entender moito mellor a excepcional historia de este porto enchido de achados de diferentes épocas e orixes, alén do propio San Giaccomo, no lugar. É por isto que achado de esta ánfora de estilo grego é un descubrimento excepcional. A ánfora podería mudar en boa medida o xeito de entender a historia dos intercambios marítimos de Galicia e do norte peninsular.
[Imaxe: Unidade de Buceo de Ferrol da Armada Española - fonte: www.historiadegalicia.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário