No Facebook xorden iniciativas ben
interesantes que buscan recuperar a memoria fotográfica da nosa terra.
LX buceou por esta rede social para recompilar algunhas desas imaxes que
retratan a historia de Ribeira de Piquín, Vilalba, Palas de Rei, O
Corgo ou Guitiriz, entre outros.

Na propia denominación do concepto ‘redes sociais’ vai
implícita esa creación dun círculo de relación entre persoas. Aínda que
ás veces parece que o que conseguen é xustamente todo o contrario —a
deshumanización dos vínculos interpersoais—, outras veces si que logran
coser redes e crear comunidade. Iso é o que procuran algunhas
iniciativas que recompilamos nesta peza. Son páxinas de Facebook postas en marcha pola veciñanza co fin de armar unha especie de faladoiro sobre concellos, cidades… Compartir fotos antigas é un dos leitmotiv deste tipo de páxinas.
Fotos gardadas nos caixóns particulares dan agora o salto ao mundo
virtual para que máis xente poida ver como eran as nosas vilas antano.
Velaquí un repaso da memoria fotográfica de Lugo a través dalgunhas imaxes compartidas nesas páxinas:
MEMORIA DA TERRA CHÁ
Esta é, quizais, unha das iniciativas que máis material recolleu. Nela pódense ver as rúas de Vilalba a principios do séc. XIX, romarías, manifestacións ou fitos históricos como o primeiro partido de baloncesto no municipio.
[Fonte: www.lugoxornal.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário