A poboación galega ten unha preponderacia xenética que coincide cos do norte de África e cos denominados países celtas (Bretaña, Escocia ou Irlanda). De feito, Historia de Galicia xa se ten referido a un dos informes que maior asombro teñen causado nos últimos tempos e no que participou a Fundación de Medicina Xenómica. Entre outras conclusións tamén se apuntaba que os galegos e norteafricanos compartimos unha porcentaxe de xens moi superior á que comparten, por exemplo, marroquíes, tunecinos ou arxelianos cos andaluces.
Nacho Esteban, fundador de 24Genetics destaca a solvencia deste estudo porque “ademais está historicamente xustificado”. Nunha entrevista no Faro de Vigo este investigador destacaba que “tamén é verdade que os galegos temos xens da procedencia máis variada, prevalecendo os dasnacións celtas, aos que hai que hai engadir unha alta porcentaxe de xens italianos pola presenza dos romanos”.
Unhas afirmacións que fai en base a que na súa empresa tamén hai clientes que buscan os seus devanceiros. “E un dos sete tipos de test que realizamos partimos sempre, como mínimo, de 700 anos atrás”. Ademais, salienta que os galegos, xunto cos vascos, son os que teñen máis xenomas autóctonos e os que menos son os cataláns.
|
Isac Nunes da Luz Cordeiro *** Tradutor Público e Intérprete do Comércio *** Idiomas: francês, espanhol, catalão e galego *** Matriculado na Junta Comercial do Estado do Paraná *** Curitiba *** República Federativa do Brasil
sexta-feira, 22 de março de 2019
Galicia, con mestura de xens norteafricanos e celtas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário