quarta-feira, 23 de agosto de 2017

Falece o músico escocés afincado na Galiza Jon Scullard

O músico e sonidista faleceu onte día 21 de agosto en terras galegas.
Hoxe, nos concertos que fan parte do programa do Feito a Man,
festival do que foi enxeñeiro durante moitos anos, gardarase

                                 un minuto de silencio no seu recordo.

Jon Scullard foi baixista do grupo escocés Shooglenifty, co que chega a Galiza. Estableceuse na nosa terra hai 20 anos, onde se converteu nun galego máis e nun respetadísimo enxeñeiro de son. 
Como sonidista traballou en grupos como Berrogüetto ou a Banda das Crechas, ademais de en salas e concertos como no festival Feito a Man ou na Casa das Crechas. O festival Feito a man e Cidade Vella, a asociación que o organiza, renderá esta terza feira tributo á figura deste escocés que marcou a vida musical compostelá dos últimos anos.

[Fonte: www.sermosgaliza.gal]



Sem comentários:

Enviar um comentário